FUNDACIÓN
A Fundación Manuel Moldes nace co obxectivo de conservar, catalogar, difundir e estuda-la obra de pintor pontevedrés Manuel Moldes. Un dos artistas galegos sobranceiros da segunda metade do século XX e principios do século XXI, a obra de Manuel Moldes destaca tanto pola súa exquisita factura técnica e variabilidade en canto a tamaños e formatos como pola súa profunda carga conceptual que abrangue temáticas e lecturas que abranguen dende o local ata o universal.
Relacionado co anterior, a Fundación ten un segundo obxectivo: entrelazar e fortalece-los lazos que unen a arte coa sociedade. A Fundación buscar ser un axente dinamizador da cultura, tanto a nivel pontevedrés e galego como allende as fronteiras do país. Sen deixar de lado o lado docente e de ensino que implica este labor, como ben demonstrou o propio Moldes nos seus anos como docente da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.


Breve cronoloxía de Manuel Moldes:
1949. Nace en Pontevedra. Estudos de Arquitectura na E.T.S. de Madrid. Licenciatura en Belas Artes na Facultade de Cuenca.
1969. Realiza a súa primeira exposición no C.M. Cisneros de Madrid, sendo xa unha constante a súa participación en mostras tanto individuais como colectivas. Participará en diferentes feiras artísticas, entre elas ARCO, o Salón dos 16, Arteder ou as exposicións da Praza da Princesa de Vigo.
1976. Retorna a Pontevedra, onde vivirá o resto da súa vida. Forma parte da redacción de Vagalume, revista infantil galega.
1979. Entra na redacción da revista madrileña Perdura-Literatura-Lenguajes
1980. Constitúe, xunto con outros artistas, o grupo Atlántica, do que forma parte dende os seus inicios, participando de xeito activo en tódalas súas actividades e exposicións.
1985. Expón en Madrid na galería Edurne-Arte en Europa, presentando a súa emblemática obra As mozas de Pontevedra.
1987. Pinta o mural O río da vida.
1990. Medalla de Ouro da XXI Bienal de Arte de Pontevedra.
1995. Ingresa no corpo docente da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
2003. Exposición antolóxica no CGAC.
2005. Nomeado Académico Numerario da Real Academia Galega de Belas Artes.
2007. Pregoeiro das Festas da Peregrina, cuxo cartel fixera no ano 2000.
2008. Expón a serie +O– na galería SCQ.
2016. Presenta O rapto de Europa na galería Metro.
2017. A súa derradeira exposición, Pontevedra Suite, ten lugar no Museo de Pontevedra, onde o mural efímero Pontevedra Vector cubre toda a fachada. Falece ese mesmo ano.